martes, 10 de octubre de 2017

XA TOD@S COÑECEMOS INFORMÁTICA

Tivemos que esperar un pouquiño, pero por fin, xa todo infantil coñecemos a clase de informática. Formiguiñas, Caracois, Pandas e Patiños xa aprenderamos moito xogando o curso pasado na clase, pero os nov@s compis, Mouchiños e Peixiños, por fin a descubrimos. 
A grande novidade para tod@s este curso, foi a aparición de "PC", un novo amiguiño que nos axuda a coidar moito os ordenadores.


domingo, 10 de septiembre de 2017

viernes, 7 de abril de 2017

O CORPO CON REALIDADE AUMENTADA

Formiguiñas e Caracois estamos investigando sobre o corpo humano. 
Dende a clase de informática quixemos apoiar esta investigación. 
A través da APP Chrom Ville Science, coa tablet, observamos as partes do corpo, os músculos e o esqueleto con realidade aumentada.

martes, 4 de abril de 2017

PRIMAVERA CON REALIDADE AUMENTADA

A primavera tamén chegou ás aulas de infantil do Couceiro.
 Nas clases de informática dos Pandas, Patiños, Xoaniñas e Ciclistas acercámonos un pouquiño máis coidando unha planta, a través dunha APP chamada CHROM VILLE SCIENCE, que utilizamos coa nosa tablet.