martes, 10 de octubre de 2017

XA TOD@S COÑECEMOS INFORMÁTICA

Tivemos que esperar un pouquiño, pero por fin, xa todo infantil coñecemos a clase de informática. Formiguiñas, Caracois, Pandas e Patiños xa aprenderamos moito xogando o curso pasado na clase, pero os nov@s compis, Mouchiños e Peixiños, por fin a descubrimos. 
A grande novidade para tod@s este curso, foi a aparición de "PC", un novo amiguiño que nos axuda a coidar moito os ordenadores.